Obradoiros

Fabricación dun forno ou cociña solar
Fai o teu propio forno ou cociña solar coa axuda dun experto. Impartido por Juan Bello Llorente. COMPLETO: se admite público y ayuda (según necesidad) durante la feria.

Encontro solar
Convídase a todos aqueles que teñades unha cociña ou forno solar a cociñar co sol, e degustar os diferentes pratos que alí se fagan.

Práctica de Radiestesia
O obradoiro a cargo de Xulio Fernández, Arquitecto Técnico especializado en xeobioloxía, pretende realizar unha practica de radiostesia a tres niveis no exterior. Primero cun recoñecemento visual do terreno, de seguido mediante a sensibilidade das mans e posteriormente coa utilización das varas en " L " de  arame de latón. COMPLETO : se admite público durante la feria.

Construción natural
Javier Ovejero, ebanista e bioconstructor especialista na técnica de cob, formado en Canadá, realizará un obradoiro durante toda a fin de semana aplicando o barro para a fabricación de fornos e un muro de barro e palla.

Construción con balas de palla
Varios alumnos do primeiro curso de construción con palla en Galicia, impartido por Rikki Nitzkin, realizarán un obradoiro durante toda a fin de semana, onde levantarán un pequeno alpendre con balas de palla e cuberta vexetal.


    Obradoiros infantis
    Varios educadores do equipo de Terranova Interpretación y Gestión Ambiental, S.L.  introducirán a nenos dende 3 anos nos Xogos Tradicionais de Galicia (zancos, a rá, paus do diaño, e moitos máis). Este obradoiro durará toda a fin de semana e non fai falla inscripción. Se situarán na zona exterior aledaña ao resto dos obradoiros.


    Recorda que se te queres inscribir nos obradoiros (sobre todo os que teñen prazas limitadas) o poderás facer a través do correo ou por teléfono:
    981 17 36 91