Encontro solar

O encontro solar pretende convocar a todas aquelas persoas que teñan un forno ou cociña solar para cociñar co sol e degustar os pratos que alí se cociñen.


Día: domingo 12 de xuño
Hora: a partir das 10:00
Prazas: non está limitado
Materiais:Para poder cociñar é necesario unha pota de cor negra, non excesivamente alta, con tapa negra (ou de cristal se o interior da pota é negro). Tamén pódese cociñar nun forno con dúas bandexas de forno negras e iguais para que unha sirva de recipiente e a outra de tapa.


Esperamos que os que participedes dos obradoiros de cociñas solares, aproveitedes a oportunidade de estrear o voso enxenio solar no encontro.