martes, 21 de junio de 2011

Síntese da Feira


¡A II Feria das Enerxías Limpas e Construcción Bioclimática congregou a máis de 400 participantes nas súas actividades!



Máis de 400 persoas participaron o fin de semana do 11 e 12 de xuño na II Feria das Enerxías Limpas e Construcción Bioclimática, celebrada en Sedes e organizada polo Parque Temático de Desenvolvemento Rural Aldea Nova para a Concellería de Feiras e Mercados do Concello de Narón, coa colaboración das Concellerías de Turismo e Medio Ambiente. A esa cifra hai que sumar os numerosos visitantes que pasaron pola feira e percorreron os stands de diferentes empresas e colectivos.


Entre as actividades organizadas destacaron os dous días de conferencias sobre bionstrucción e enerxías limpas, e os obradoiros de construcción con barro, construcción con palla, radiestesia e cociña con fornos solares, entre outros.

O resultado das enquisas repartidas entre os participantes demostraron unha valoración moi positiva do interés da feira, as súas actividades e a súa organización.

As empresas participantes foron:

Arquitectos Sen Fronteiras - traballos de cooperación en Guatemala.
Casadobe - Estudio arquitectura e aplicadores de Biocell. 
Calpor Argamasas – suministro materiais ecolóxicos e bioconstructores
Centro Dharma Ferrol - asesoría en Feng Shui
Depao Bioconstrucción, S.L. – rehabilitación e bioconstrucción.
Finca Laxe productos ecolóxicos - suministrador balas de palla para construcción.
GSM Servizos - bioconstrucción e permacultura. Recuperación estructuras metálicas
Guido Tomasini - bioconstructor artesano en rehabilitación con barro
Librería Formatos - librería especializada en libros técnicos, exposición de libros de bioaquitectura e enerxías renovables.
Obrabío, S.L. – bioconstrucción e asesoría en Feng Shui
Red de Construcción con Paja
Vencor Ventanas y Galerías, S.L.- ventanas e galerías de madeira, casas de madeira completas.

lunes, 6 de junio de 2011

Distribución empresas e expositores


Xa temos cuberto o espazo expositivo do Recinto Feiral do Trece. Esperamos sexa do voso interese coñecer cales serán os nosos expositores este ano.


Empresas:
Asociación Minieólica de Galicia
Casal 18
Red de Construción con Paja
Finca Laxe
Centro Dharma Ferrol
Arquitectos Sen Fronteiras
GSM Servizos
Calpor Argamasas
Librería Formatos
Depao Bioconstrución, S.L.
Pintor de Quins
Obrabío, S.L.
Galicia Geotérmica
Vencor Ventanas y Galerías
Casadobe
Guido Tomasini
Tómmer Ingeniería y Bioarquitectura de Madera


O plano estará suxeito a cambios que poderían xurdir esta semana por temas organizativos, aínda que esperamos sexan os menos.
Por outra banda, hoxe soubemos que a empresa Gsm Servizos, montará o seu stand en formato taller, para que os visitantes poidan tomar parte do mesmo, aprendendo a técnica denominada GREB de construción con palla. 
E de seguro poderedes atopar unhas cantas sorpresas máis, non vos perdades esta oportunidade.