martes, 21 de junio de 2011

Síntese da Feira


¡A II Feria das Enerxías Limpas e Construcción Bioclimática congregou a máis de 400 participantes nas súas actividades!



Máis de 400 persoas participaron o fin de semana do 11 e 12 de xuño na II Feria das Enerxías Limpas e Construcción Bioclimática, celebrada en Sedes e organizada polo Parque Temático de Desenvolvemento Rural Aldea Nova para a Concellería de Feiras e Mercados do Concello de Narón, coa colaboración das Concellerías de Turismo e Medio Ambiente. A esa cifra hai que sumar os numerosos visitantes que pasaron pola feira e percorreron os stands de diferentes empresas e colectivos.


Entre as actividades organizadas destacaron os dous días de conferencias sobre bionstrucción e enerxías limpas, e os obradoiros de construcción con barro, construcción con palla, radiestesia e cociña con fornos solares, entre outros.

O resultado das enquisas repartidas entre os participantes demostraron unha valoración moi positiva do interés da feira, as súas actividades e a súa organización.

As empresas participantes foron:

Arquitectos Sen Fronteiras - traballos de cooperación en Guatemala.
Casadobe - Estudio arquitectura e aplicadores de Biocell. 
Calpor Argamasas – suministro materiais ecolóxicos e bioconstructores
Centro Dharma Ferrol - asesoría en Feng Shui
Depao Bioconstrucción, S.L. – rehabilitación e bioconstrucción.
Finca Laxe productos ecolóxicos - suministrador balas de palla para construcción.
GSM Servizos - bioconstrucción e permacultura. Recuperación estructuras metálicas
Guido Tomasini - bioconstructor artesano en rehabilitación con barro
Librería Formatos - librería especializada en libros técnicos, exposición de libros de bioaquitectura e enerxías renovables.
Obrabío, S.L. – bioconstrucción e asesoría en Feng Shui
Red de Construcción con Paja
Vencor Ventanas y Galerías, S.L.- ventanas e galerías de madeira, casas de madeira completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario