viernes, 13 de mayo de 2011

¡Xa temos Feira!

O Recinto Feiral do Trece e Aldea Nova vístense de gala para a celebración da segunda entrega da Feira de Enerxías Limpas e Construción Bioclimática.
Un gran número de empresas confirmaron xa a súa asistencia con stands temáticos, e o taboleiro de horarios de actividades está case ao completo.

En canto as xornadas de conferencias podemos contar coa seguinte programación:



SÁBADO 11 XUÑO
DOMINGO 12 XUÑO

09:30hs – APERTURA


10:00hs – CONFERENCIA


11:00hs – Parada café


11:20hs – CONFERENCIA
13:00hs - CONFERENCIA

14:00hs – Comida

16:30hs – CONFERENCIA
17:30hs – CONFERENCIA


10:00hs – CONFERENCIA


11:00hs – Parada café


11:20hs – CONFERENCIA
12:40hs – CONFERENCIA


14:00hs – Peche e comida

Confirmados
Juan Bello Llorente – Arquitecto técnico, experto en Bioconstrucción. Profesor do departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Someso – A Coruña.
Javier Goyanes – Prospector xeobiolóxico. Socio e representante de GEA en Galicia.
Antonio Seijas – Arquitecto técnico e Prospector xeobiolóxico. Socio e representante de GEA en Galicia.
Guido Tomasini – Artesano e bioconstructor. Especialista en técnicas de revocos e restauración con barro.
Mike Lehmhaus – Arquitecto licenciado na Universidade de Kassel - Alemaña. Fundador do Estudio de arquitectura Casadobe (medición Blower Door, insuflación de celulosa Biocell, rehabilitación edificios, casa pasiva…)
Ana Recuna e Iñaki Mendizábal - Arquitectos, conforman o estudio de arquitectura Mendizábal Recuna SLP. Levan a dirección da Oficina de Rehabilitación de Ferrol.
Manuel Soto Castiñeira -  Licenciado en Ciencias Químicas, Profesor titular do Dpto. Química Física e Enxeñería Química I e Director da Oficina de Medio Ambiente. Vicerreitoría de Infraestruturas e Xestión Ambiental. Universidade da Coruña.
Antonio Raya de Blas, Vier ArquitectosArquitecto profesor do departamento de Construcións Arquitectónicas da E.S.T.A da Universidade da Coruña.
Alberto Vázquez Garea - Presentación da reciente formación da Asociación de Enerxía Minieólica en Galicia.



En canto aos obradoiros previstos:

Radiestesia – Impartido por Xulio Fernández, arquitecto técnico especializado en bioconstrucción e xeobioloxía.
Construción natural (fornos de barro, muros de barro e palla,...) –Javier Ovejero, ebanista e bioconstructor.
Cociña solar – Juan Bello Llorente.
Encontro solar – convocatoria de todos aqueles que teñan un forno ou cociña solar para cociñar co sol. Juan Bello Llorente
Obradoiros infantis – Terranova SL - contaremos con educadores que introducirán a nenos dende 3 anos nos Xogos Tradicionais de Galicia (zancos, a rá, paus do diaño, e moitos máis)
Construción con balas de palla – dirixido por alumnos do curso impartido por Rikki Nitzkin en Antas de Ulla.


Os horarios dos obradoiros se colgarán en canto estean todos confirmados.


Non vos perdades detalle, seguídenos!


¡Ide reservando praza que son limitadas!!!