Construción con balas de palla

Día: sábado 11 e domingo 12 de xuño
Horario: 10 a 14 e de 16 a 20 (dous descansos a media mañá e a media tarde)
Prazas: non limitadas (se coordinarán 10 persoas máximo ao mesmo tempo)

Os alumnos do primeiro curso en Galicia, de Construción con Balas de Balla, impartido por Rikki Nitzkin, realizarán durante toda a xornada do sábado 11 e o domingo 12 de xuño, unha pequena construción con balas de palla, dentro dun taller dirixido por eles mesmos.
A construción será unha práctica avanzada de construción mediante o sistema denominado Nebraska ou portante. Consistirá nunha edificación de pranta rectangular de 3 por 4 metros, e 2,40 metros de altura, con muros de balas de palla asentados sobre unha sobrecimentación de bloque tipo Termoarcilla. A cuberta será unha cuberta vexetal. As paredes irán revestidas con barro.
Esta construción terá un carácter temporal, que unha vez acabado o taller, desmontaremos e trasladaremos ás instalacións de Aldea Nova, onde se organizará un campo de traballo para executar a mesma construción con caracter definitivo, que servirá como alpendre.
O taller está dirixido a tódolos públicos, e o que queira participar non terá máis que achegarse e axudar atendendo ás indicacións dos encargados do taller. Recoméndase traiades roupa cómoda e de traballo. (Prohíbese fumar no taller e zonas aledañas ao mesmo).

Dirixen o taller:
Jaime Castrillón (Narón) 
Galo Escanero (Baiona) 
Antonio González Franco (Vilar de Silva-Rubia, Ourense) 
Manuel Hermida Gómez (Vigo)
Manuel Otero Alonso (Vigo)

Aquí vos deixo un pequeno vídeo, do documental alemán "Paja Mental?" de Heidi Snell, que vos recomendamos vexades completo. O documental detalla á perfección os sistemas constructivos con balas de palla, dende os puntos de vista técnicos de diseñadores e constructores así como dende o punto de vista de donos e autoconstructores. ¡Que o disfrutedes!