Construción natural

Día: sábado 11 e domingo 12 de xuño
Horario: 10 a 14 e de 16 a 20 (dous descansos a media mañá e a media tarde)
Prazas: non limitadas



Durante os dous días de celebración da II Feria das Enerxías Limpas e a Construcción Bioclimática, adicaremos un espazo a ensinar a todas aqueles que se acheguen, os conceptos e as técnicas básicas da construción con terra.
Maioritariamente será un taller práctico onde, as persoas interesadas poderán participar, directamente coas mans e os pés na masa. Os nosos obxectivos construtivos serán dous:

-Forno aberto: levantaremos un bordo ao lume central, de modo que se poidan cociñar comodamente a comida á brasa. A isto chamarémolo un forno aberto, xa que cunha parede de barro arredor do lume conseguiremos protexernos do vento e refractar a calor do lume cara á comida.

-Por outro lado imos levantar con barro as paredes dunha das pallozas de madeira que xa hai construídas no campo de celebracións do Oenach, pallozas construídas pola xente da zona, e que, unha vez aprendan a cubrilas con barro, conseguiremos devolverlle ao rural galego parte máis do seu poder. "Podo construírme a miña propia casa sa, resistente e fermosa, co que me ofrece a natureza nos arredores. "

Os materiais estarán no lugar pero aquí vos deixamos unha lista para que vaiades facendo idea: terra arxilosa, area, palla, auga, excrementos de burro ou cabalo.
As ferramentas (pas, cubos, forca de dentes planos, machete, serrón de barro, nivel, lonas...) tamén as aportaremos nos. 


Necesidades:

Facer un burato redondo (2 metros de raio) a pé de obra para pisar o barro. Válennos varias opcións:
-Cavar a terra, uns 30-40 centímetros de profundidade e apisoala un pouco.
-Poñer unha lona resistente e elevar os bordos con pneumáticos ou balas de palla.

Recordade que se queredes participar teredes que estar moi atentos as explicacións. Esta actividade está dirixida a todolos públicos. ¡¡Non volo perdades!!